A ESCOLA DE FAMILIA: APRENDEMOS XUNTOS FAMILIA-ESCOLA

Un dos ámbitos fundamentais que precisan da actuación da orientadora é o ámbito das familias, e ademais da intervención de carácter individual está esta actividade, na que en reunión quincenais nos reunimos para APRENDER XUNTOS, nun ambiente que eu tamén considero MOI AGRADABLE, pero que non depende solo da Orientadora, senón que depende en GRAN MEDIDA DAS FAMILIAS. Sabemos que non sería posible este espazo de comunicación, de aprendizaxe sen a vosa participación, polo que dende aquí vai o meu ENORME AGRADECEMENTO, e tamén a PETICIÓN de continuar con elo

Oito anos son os que levamos compartindo familias e Orientación tempos de reflexión, discusión, búsqueda de “variñas máxicas” que son difíciles de atopar… , pero únenos a ILUSIÓN, a RESPONSABILIDADE e os ESFORZOS COMPARTIDOS para facer que as nenas e nenos que temos diante de nós cada día, sexan PERSOAS CON MAIÚSCULAS, PERSOAS FELICES E RESPONSABLES, porque esa é a nosa máxima.